Viac o knihe
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa " normal " , que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. " A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos " escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
Nákup knihy
Merlín - 199: O monstro das palabras, María Reimóndez, Iván Sende
- Jazyk
- Rok vydania
- 2009
- product-detail.submit-box.info.binding
- (mäkká),
- Stav knihy
- Dobrá
- Cena
- 13,49 €
Platobné metódy
Nikto zatiaľ neohodnotil.
- Titul
- Merlín - 199: O monstro das palabras
- Jazyk
- galícijsky
- Autori
- María Reimóndez, Iván Sende
- Vydavateľ
- Edicións Xerais
- Rok vydania
- 2009
- Väzba
- mäkká
- Počet strán
- 128
- ISBN10
- 8499140513
- ISBN13
- 9788499140513
- Série
- Štítky
- Čítanky, Pre deti a dospievajúcich
- Anotácia
- Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa " normal " , que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. " A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos " escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.


